O documental “Esta é a
miña terra, Hebrón” (“This is my land Hebron”, Italia, 2010) de Giulia Amati e Stephen Natanson e a curta “Gaza-Londres”
de Dima Hamdam, (Reino Unido, 2009) serán as películas que se proxectarán en
Viveiro na segunda sesión do ciclo # PALESTINA o vindeiro mércores 11 de
febreiro. Esta mostra de cine, organizada polo noso Colectivo patrocinado pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, vén
desenvolvéndose no salón de actos do IES
María Sarmiento de Viveiro, ás 20 horas, sendo a entrada libre até completar o
aforo.
O documental de Giulia Amati e Stephen Natanson presenta a
Hebrón, unha cidade de conflito e odio, un dos asentamentos israelís en
Cisxordania, o único corazón dunha cidade palestina. O centro da cidade é agora
o teatro dunha guerra entre veciños onde os principais obxectivos son
conquistar un metro máis de cidade, manter a raia ao inimigo ou simplemente
ficar no seu terreo.
Na curtametraxe de
Dima Hamdam, directora naturalizada xordana aínda que orixinaria dunha
familia palestina que foi expulsada de Gaza en 1948, coincidiendo con la fundación
del Estado de Israel, o protagonista Mahmoud está en Londres e a súa nai
en Gaza, coincidindo co ataque masivon de 2008 levado a cabo na Franxa .Desta terceira produción da
súa autoría a directora ten Dito que “explica a destrución e a morte que
conlevan os conflitos máis alá das noticias e das cifras”.