O Colectivo pon o ramo á programación do ano 2014 coa terceira sesión do ciclo de cine "Dirixido por..." A proxección será, como sempre no salón de actos do IES María Sarmiento o mércores 17 de decembro, ás 20:30 horas.
O director seleccionado para esta proxección é Xosé Ignacio Vilar Díaz (Petín de Valdeorras ,Ourense, 1951)
Ignacio, productor e director, fundou en 1991 a productora Vía Láctea Filmes coa que levou a cabo diversas curtametraxes, e proxectos de longametraxes. Sen embargo, destaca polo seu labor documentalista en soporte vídeo (“Polisóns”, “A aldea”). Comezara a súa carreira como montador en Barcelona, cidade na que tamén foi profesor de cine a primeiros dos 80, na obra social da Caixa de Pensións de Cataluña. Desde 1983 traballa en Galicia. Ten desenvolvido tamén labores de guionista e realizador.
Premios e recoñecementos:
Gañou en 1989 o Premio Carlos Velo para guións de longametraxe, convocado
pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. A súa obra “Polisóns” recibiu
o Premio “Lobo de Cinema” ó mellor documental (A Coruña, 2001).
FILMOGRAFÍA
Ademais de A esmorga, o seu último traballo:
·
Vilamor (2012)
·
Pradolongo (2007)
·
Sempre Xonxa en Petín (2005)
·
Un bosque de música (2003)
·
Ilegal (2002)
·
A aldea: o antigo e o novo (2000)
·
Disonancias (2000)
·
Polisóns (1999)
·
O cambio (2) (1997)
·
Edipo e Techné (1997)
·
Natureza (1997)
·
¡Aproba! (1995)