Seguimos co ciclo e este mércores 29 de outubro convidámolos a "18 comidas", a película que J. Coira nos trae a Viveiro.
“18 comidas” trata dun músico da rúa que
reencontra o amor da súa vida; dous borrachos almorzan cubatas con marisco; un
home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega; dous homes quérense
mais agóchanse; una cociñeira soña con ser cantante… Todas estas
historias cruzanse ao longo dun día de ficción en “18 comidas”.
Jorge Coira, nacido en Rábade (Lugo), comezou a súa carreira
profesional a finais dos 90.
A súa formación, fundamentalmente autodidacta, complementouse coa asistencia
a cursos e obradoiros con profesores como Michael Radford, Víctor Erice, Allan
Starski, Béatrice Caufman, Robert Lovenheim, Víctor Duplá e Mariano
Barroso, ademais de participar na primira edición do Berlinale Talent Campus.
A súa experiencia inclúe cine, televisión, vídeocreación e teatro.
No terreo do cine, tralos comezos en curtametraxes entre as que
destacan
Mofa e Befa en Gran Liquidación e
O
Matachín (esta última cun bo percorrido de festivais e premios
internacionais), en 2004 estreou a súa primeira longametraxe:
O Ano
da Carracha.
En televisión, ademais do seu labor en publicidade y videoclips, o seu
traballo centrouse na dirección de series, participando en series como
Terra
de Miranda,
As Leis de Celavella,
Padre Casares
e, recentemente,
Luci (unha das primeiras series españolas
en ser vendida para a súa versión nos E.E.U.U.); así como a tv-movie
Entre Bateas. E desde 2007, dirixe con frecuencia series de ámbito
nacional como
El Comisario, RIS, Piratas
ou
Pelotas.
Outro dos terreos nos que máis traballou é o
documental,
onde destacan os documentais de creación
¿Qué Culpa Tiene el Tomate?
(estreado no MoMA en Nova York en 2009), ou
Días de Reparto,
ademais de traballos televisivos como
Chunda Chunda.