CALLÓN, SES, DIÉGUEZ E FELIPE SENEN PARTICIPARÁN EN VIVEIRO NAS XORNADAS SOBRE LINGUA E CULTURA
O
vindeiro xoves día 6 de novembro o profesor, escritor Carlos Callón
abrirá en Viveiro as Xornadas sobre Lingua e Cultura que organiza o noso Colectivo.
Os relatorios terán
lugar na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior e darán comezo ás 20:30 horas. Nos seguintes xoves do mes de
novembro intervirán tamén: a cantautora Mª Xosé Silvar, SES; o escritor
Lois Diéguez e pechará estas xornadas o museólogo e escritor Felipe
Senén.
Carlos Callón, (Ribeira, 1978). Escritor, profesor e activista.
Profesor de Lingua e Literatura Galega en secundaria e pesquisador sobre
sociolingüística e literatura, materias sobre as cales é un
prolífico conferencista.
Entre os varios libros que publicou salientan os títulos Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros ), Amigos e sodomitas (2011, premio Vicente Risco e premio Fervenzas Literarias) e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012).
É presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza), entidade que presidiu entre 2002 e 2014.
01/11/14
29/10/14
24/10/14
CONVIDÁMOLOS A "18 COMIDAS"...
Seguimos co ciclo e este mércores 29 de outubro convidámolos a "18 comidas", a película que J. Coira nos trae a Viveiro.
“18 comidas” trata dun músico da rúa que reencontra o amor da súa vida; dous borrachos almorzan cubatas con marisco; un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega; dous homes quérense mais agóchanse; una cociñeira soña con ser cantante… Todas estas historias cruzanse ao longo dun día de ficción en “18 comidas”.
Jorge Coira, nacido en Rábade (Lugo), comezou a súa carreira profesional a finais dos 90.
A súa formación, fundamentalmente autodidacta, complementouse coa asistencia a cursos e obradoiros con profesores como Michael Radford, Víctor Erice, Allan Starski, Béatrice Caufman, Robert Lovenheim, Víctor Duplá e Mariano Barroso, ademais de participar na primira edición do Berlinale Talent Campus.
A súa experiencia inclúe cine, televisión, vídeocreación e teatro.
No terreo do cine, tralos comezos en curtametraxes entre as que destacan Mofa e Befa en Gran Liquidación e O Matachín (esta última cun bo percorrido de festivais e premios internacionais), en 2004 estreou a súa primeira longametraxe: O Ano da Carracha.
En televisión, ademais do seu labor en publicidade y videoclips, o seu traballo centrouse na dirección de series, participando en series como Terra de Miranda, As Leis de Celavella, Padre Casares e, recentemente, Luci (unha das primeiras series españolas en ser vendida para a súa versión nos E.E.U.U.); así como a tv-movie Entre Bateas. E desde 2007, dirixe con frecuencia series de ámbito nacional como El Comisario, RIS, Piratas ou Pelotas.
Outro dos terreos nos que máis traballou é o documental, onde destacan os documentais de creación ¿Qué Culpa Tiene el Tomate? (estreado no MoMA en Nova York en 2009), ou Días de Reparto, ademais de traballos televisivos como Chunda Chunda.
Noite de curtas
O pasado mércores tivemos unha intensa noite de curtametraxes. O cineasta Xacio Baño sorprendeunos con cinco das súas obras. Bo comezo para o ciclo de cine "Dirixido por..." Na foto, feita pola nosa compañeira Ana Mejuto co seu teléfono móbil, pode apreciarse parte do público asistente. Arredor de cincuenta amadores e amadoras do cine que non se asustan cos derrubes do antigo Cine Orfeo--que botaron abaixo ese mesmo día--nen co peche dos Multicines A Mariña. ( E nós, tan cuidados@s que programabamos as sesións de cine para os mércores por ser este o día de descanso nas tres salas de A Misericordia! ).
Grazas Xacio pola túa contribución ao noso ciclo. Grazas pola túa "relación de acordes", pola túa visión estereoscópica, polos teus "anacos", por estar entre o lóstrego e o trono, por "ser e voltar". A túa avoa non leva razón. Sabemos que vai ser de ti. Grazas por te dedicares ao cinema.
17/10/14
XACIO BAÑO ABRE O CICLO DE CINE "DIRIXIDO POR..."
O mércores 22 de outubro Xacio Baño abre o ciclo de cine "Dirixido por...". Será ás 20.30 horas, no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro. A entrada, é libre até completar o aforo.
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA achegará a Viveiro directores e directoras de cine para que presenten a súa obra e participen nun coloquio posterior co público asistente.
O primeiro dos directores que intervirán é Xacio Baño.
Xacio naceu en Xove , en 1983. Estuda Cinematografía na
Universidade de León, especialidade en Montaxe. Despois de colaborar en todo
tipo de curtametraxes, documentais, formatos, etc., desempeñando sobre todo
tarefas de edición e postprodución, decide dar o paso á
dirección.
As obras de Xacio Baño obtiveron varios premios: ALCINE (Sección Oficial, por Anacos), Curtocircuito (Mellor Curtametraxe, por Estereoscopía), Festival de Cans, (Mellor Curtametraxe por Estereoscopía), Festival de Málaga, (Sección Oficial – Cortos por Estereoscopía), Toulouse Cinespaña, (Sección Oficial – Cortos por Estereoscopía)…
Máis
recentemente, o
prestixioso Festival Internacional de Cinema de Locarno, un dos eventos que califican
para os Oscar, contou con presenza galega. A curta de non ficción Ser e
voltar, de Xacio Baño—que tamén veremos en Viveiro--proxectouse no marco da
sección Pardo di Domani. A curta de Baño amosa as tentativas do propio director
de explicarlle aos seus avós en qué consiste o seu traballo no cinema.
Agardámosvos pois o mércores 22 no salón de actos do IES María Sarmiento para achegarnos ao cine da man do director Xacio Baño.
01/06/14
26/05/14
"Por ceibar a voz" no Teatro Pastor Diaz
Desde hai uns meses as asociacións
culturais da comarca vimos desenvolvendo actividades para homenaxear ao
músico Miro Casabella. O pasado 25 de abril foi a vila de Ribadeo a
que acolleu o primeiro dos concertos “Por ceibar a voz” e agora o nos Colectivo organiza en Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, o segundo dos
concertos de homenaxe ao músico do Valadouro.
Será o vindeiro 7 de xuño, ás
oito e media da tarde e nel intervirán, ademais de Miro Casabellabella o cantautor
guardés Tino Baz, a Coral Polifónica Alborada, David Bellas e músicos do
Conservatorio Profesional de Viveiro.
18/05/14
Xa facemos parte da Federación de Cineclubes
A Asemblea da Federación de Cineclubes de Galiza celebrada a principios deste mes de maio admitiu a nosa solicitude para facer parte da Federación.
Así que agora, xa como membros activos desta Federación, programaremos máis actividades de Cineclube.
Terémosvos informados.
Así que agora, xa como membros activos desta Federación, programaremos máis actividades de Cineclube.
Terémosvos informados.
10/03/14
Venres 14 de marzo, ás 8 da tarde...
...e non ás 20:30 horas como tiñamos informado anteriormente.
A entrada é libre até completar o aforo.
A entrada é libre até completar o aforo.
06/03/14
"Por que se incrementa o recibo da luz? "
Continuando coa Programación de Inverno o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza o vindeiro 14 de marzo un acto informativo baixo o título"Por que se incrementa o recibo da luz? ".
O acto, que estará a cargo do economista Adrián Dios Vicente, ( Serra de Outes, 1989 ), Licenciado en Economía pla USC e Mestre en Desenvolvemento Económico e Innovación. autor dunha tese doutoral sobre o sistema eléctrico, terá lugar na Sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro o venres 14 de marzo ás 20:30 horas.
A entrada a este acto público é libre até completar o aforo da sala.
A entrada a este acto público é libre até completar o aforo da sala.
Por outra banda o colectivo viveirés informa que segue aberta a exposición
28/02/14
CASARES, LUCES E SOMBRAS
Casares, luces e sombras é o título da exposición de fotografías coa que nos agasalla Pepe Ventureira.
Estará aberta durante a primeira quincena de marzo na Sala da planta baixa da Biblioteca Municipal.
Estará aberta durante a primeira quincena de marzo na Sala da planta baixa da Biblioteca Municipal.
25/02/14
24/02/14
O Recital ( Resumo fotográfico )
Vén de rematar o Recital Viveiro con Rosalía. O acto iniciouse coa música do Grupo de Corda do Conservatorio, dirixido polo profesor Cabalar.
Seguiu unha pequena presentación onde se deu lectura ao Manifesto do Día de Rosalía.
O capitán Pino, non puido estar presente. A esa hora gobernaba o seu barco, mais a través do vídeo chegounos a poesía de Rosalía.
A nena máis aplaudida: Carme Chaves, alumna de Primaria no Colexio de Covas.
Marta Fra, monitora de natación, leu a Rosalía desde a Piscina Municipal.
A xornalista Mar García deleitounos con Campanas de Bastabales.
María do Mar ( Tecín soia a miña tea... ) e María Pal ( Sen niño ) , no ensaio xeral.
Daniel Noriega recitounos Roxiña cal sol dourado.
O adestrador de fútbol Guillerme Pigueiras, lendo no Campo do Cembedo.
Mar García, María Xosé Penso, Ánxel Vázquez e Paco Chao, entre o público.
14/02/14
UN RECITAL CON ACOMPAÑAMENTO MUSICAL
Como xa tiñamos anunciado o colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA conmemorará o Día de Rosalía en Viveiro, o luns 24 de febreiro, contando coa colaboración de persoas de distintas idades e profesións que recitarán poemas da escritora.
Intervirán: Daniel F. Noriega ( empresario ), María do Mar García ( empregada ), Paco Chao
( comerciante ), Delio Represas ( músico ), María Pal ( camareira ), Guillermo Pigueiras
( adestrador de fútbol ), Mª Ánxeles Lago ( xubilada ), Marta Fra ( monitora de natación ), Carme Chaves ( estudante de E.Primaria ), Mª Xosé Penso ( empregada do Concello ), Mar García ( xornalista ), Ánxel V. Iglesias ( comerciante ) e J. Pino ( capitán de pesca ).
( comerciante ), Delio Represas ( músico ), María Pal ( camareira ), Guillermo Pigueiras
( adestrador de fútbol ), Mª Ánxeles Lago ( xubilada ), Marta Fra ( monitora de natación ), Carme Chaves ( estudante de E.Primaria ), Mª Xosé Penso ( empregada do Concello ), Mar García ( xornalista ), Ánxel V. Iglesias ( comerciante ) e J. Pino ( capitán de pesca ).
O recital, que contará con acompañamento musical en directo e cunha proxección audio visual, dará comezo ás 20:30 horas, no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
11/02/14
O MAR DESCOBRE MÁIS RESTOS ...
Os últimos temporais están a descubrir novos restos arqueolóxicos na praia de Area. Apareceron un posíbel morteiro, novos muros ao sul da área onde se fixeron as catas arqueolóxicas, anacos de tellas e cerámica...
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA comunicou a existencia destes restos ao Servizos de Arqueoloxía da Xunta e á alcaldesa de Viveiro para que tomen as medidas oportunas e eviten o espolio do xacemento que está deficientemente protexido e totalmente abandonado.
03/02/14
VIVEIRO CON ROSALÍA
UNHA DUCIA DE VIVEIRESES RECITARÁN A ROSALÍA O DÍA
24 DE FEBREIRO
O colectivo PENSAMENTO E
SEMENTEIRA está a organizar un acto de homenaxe a Rosalía de Castro que
consistirá na lectura pública de poemas no Conservatorio Profesional de Música
de Viveiro. Este recital estará protagonizado por unha ducia de veciñas e
veciños de Viveiro e vaise celebrar o luns 24 de febreiro coincidindo co Día de
Rosalía. O colectivo viveirés animou a unha ducia de conveciños, de distintas
profesións e procedencias a participar neste acto público. Así, neste recital
intervirán, empresarios, comerciantes, mariñeiros, músicos, xubilados,
empregadas da hostelaría, ou xornalistas.
O acto que dará comezo ás
oito e media da tarde, desenvolverase no salón do Conservatorio profesional de
Música de Viveiro e contará probabelmente con unha actuación musical.
31/01/14
DEBATE: ARREDOR DO DEPORTE
Dará comezo ás 6 da tarde na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, na Praza Maior en el
intervirán:
-Omar
González ( Adestrador. Centro
Galego de Tecnificación Deportiva)
-Carlos
Gueimunde ( Concelleiro de
Deportes. Viveiro )
-Manuel Otero ( Xefe do Servizo de Deportes da Xunta
de Galiza )
-Francisco
Villanueva ( Presidente da
Federación Galega de Triatlón )
O
moderador será Matías Nicienza (
Radio Burela
Pretendemos
con este debate coñecer de primeira man as dificultades que teñen os equipos de
base, as escolas deportivas, os clubes de atletismo... á hora de acceder ás
subvencións das institucións, tamén avaliar a rede de infraestruturas
existentes no concello para practicar deporte... e todas as cuestións que o
público participante nesta actividade
propoña.
Xunta Directiva do
Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA
22/01/14
Trailer de "A FAZAÑA DA LIBERDADE"
O documental A fazaña da liberdade percorreu xa distintas vilas e cidades:
A Estrada, Lugo, Ferrol, A Coruña, Ourense... e mesmo proxectouse fóra do país, en Bilbo.Agora chega a Viveiro da man do seu director, Seném Outeiro, que estará connosco no salón do IES María Sarmiento o vindeiro mércores 29 de xaneiro para falar da película e da biografía de Alexandre Bóveda. O acto dará comezo ás 8 da tarde
( ollo á hora ! ) e a entrada é de balde, até completar o aforo.
Velaí vos deixamos o trailer.
Trailer "A Fazaña da Liberdade" from Filmika Galaika on Vimeo.
21/01/14
"A FAZAÑA DA LIBERDADE"
O mércores 29 de xaneiro, ás 20 horas e no salón de actos do IES María Sarmiento, iniciamos a nosa programación de Inverno coa proxección do documental "A fazaña da liberdade" do que hoxe vos deixamos esta ficha:
Ficha artística
Dirección: / Seném Outeiro
Dirección fotografía: / Berto Palacios
Guionista: / Seném Outeiro
Produción: / Roi Carballido
Dirección: / Seném Outeiro
Dirección fotografía: / Berto Palacios
Guionista: / Seném Outeiro
Produción: / Roi Carballido
Ficha técnica
Emisión ou proxección / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Filmika Galaika, S.L.
Emisión ou proxección / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Filmika Galaika, S.L.
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Coprodución
Duración: 90'
Orixe: Galicia
Ano: 2013
Idioma V.O.: galego
O periplo vital dun personaxe influínte, Alexandre Bóveda (1903-1936). Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Secretario Xeral do Partido Galeguista. Contexto e testemuñas históricas aportados por Beiras, Vence, Pousa Antelo, Díaz Pardo, Justo Beramendi e a familia Bóveda, entre outros.
17/01/14
PRIMEIRA XUNTA DIRECTIVA DO COLECTIVO
Na asamblea extraordinaria do pasado 16 de xaneiro elixiuse a primeira Xunta Directiva do noso Colectivo da que fan parte as seguintes persoas asociadas:
-Ana Mejuto Esmorís,
Xulia Canoura Díaz, Francisco Rodríguez Balsa ( Vogais ); Xosé A. Goás Basanta
( Secretario), Mª do Mar Chaves Álvarez ( Vicepresidenta ) e Francisco Luís Rodríguez Guerreiro
( Presidente )
As asambleas tiveron
lugar no local social, ( R/ Irmáns Vilar Ponte, nº 40, baixo, dereita) , onde tamén
se van organizar nos vindeiros meses actividades que serán publicitadas neste
blogue e nos medios de comunicación.
Na primeira das
asambleas, a ordinaria, deuse conta da actividade desenvolvida desde a
constitución do Colectivo, en abril de 2013, até o remate do ano. Foron 9 meses
de intensa actividade, con 16 actos públicos polos que pasaron máis de mil
persoas. Toda esta actividade foi realizada sen contar con ningún tipo de
subvención e soportada polas cuotas das persoas asociadas.
Ademais de programar a actividade
para o 2014, os asistentes acordaron constituir un cineclube e solicitar a
integración na Federación de Cineclubes de Galiza.
15/01/14
ASEMBLEAS DO COLECTIVO
( Imaxe do público asistente á primeira actividade do Colectivo, e abril de 2013)
O xoves día 16 de xaneiro temos convocadas dúas Asembleas do colectivo que se van celebrar no noso local social , na rúa Irmáns Vilar Ponte, nº 40, baixo, dereita.
Os asuntos a tratar son os seguintes:
1.-Resume das actividades
desenvolvidas desde abril de 2013.
2.-Aprobación das contas
e balances do ano 2013.
3.-Aprobación dos
orzamentos de ingresos e gastos para o 2014.
4.-Aprobación da cota de
asociado/a para o 2014.
5.-Aprobación da
programación de actividades para 2014.
6.-Elección da Xunta
Directiva do Colectivo.
7.-Aprobación , se
proceder, dos estatutos para a constitución dun Cineclube e a integración na
Federación de Cineclubes de Galiza.
13/01/14
A nosa convocatoria atopou resposta
Este sábado celebrouse a reunión convocada polo noso colectivo para organizar a homenaxe a Miro Casabella. Asistiron representantes de asociacións culturais: Colectivo Cultural
OLLOMAO
( Barreiros), AVENTADOS, MARIÑAPATRIMONIO, O MUNDO DE GALEA, A. C. OS CASTROS (
Cangas ), LIGA CÉLTICA GALAICA, A.C. AMADO LAR ( Ferreira do Valadouro ), CASAHAMLET, S.L., CLUBE CULTURAL
ELSINORE, IRMANDADE SAN CAETANO
( Celeiro de Mariñaos) e o Colectivo Cultural
BURIL...e outros colectivos que non puideron estar na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro fixeron constar o seu apoio a esta inciativa.
Tamén participaron persoas a título individual como, Ponte Fores (
Foz ), Caxigueiro, Emilio Méndez
( Finca
Galea ), Manuel Lourenzo, Carlos López Otero (
Burela ), Evaristo Maseda, J. H. Martinez
Mosqueira, Arturo Mogo ou Celso Dourado.
Entre os acordos aos que se chegou suliñamos o de constituir unha
Comisión Organizadora da homenaxe a Miro Casabella, que se reunirá nos vindeiros días coa finalidade de facer propostas concretas para unha segunda reunión a celebrar no mes de febreiro.
28/12/13
HOMENAXE A MIRO CASABELLA
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA vai propor ás asociacións culturais e ás institucións da Mariña a celebración dunha homenaxe ao músico Miro Casabella. Consideramos que o percorrido artístico do compositor e cantante do Valadouro, comprometido desde os anos sesenta coa cultura e co idioma galego, ben merece a gratitude dos mariñaos.
Coa finalidade de organizar esta homenaxe o noso colectivo convocará nos vindeiros días ás asociacións culturais e veciñais; aos
músicos, artistas plásticos e escritores
e a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar no
Valadouro o sábado 11 de xaneiro. Tamén
solicitará apoio económico aos Concellos e á Deputación xa que, de contar
coa cooperación destas institucións, poderían participar músicos cos que Miro
Casabella tivo relación ao longo da súa traxectoria artística.
12/12/13
Así nos surprendeu David Bellas
Así nos surprendeu David Bellas.
Hoxe colgamos aquí os tres pequenos vídeos realizados polo amigo Abella.
Agradecementos a David Bellas, a Sara Otero e á actriz Lara Noriega.
Foron catro "Xoves Músicais", moi variados e con calidade.
Volveremos con máis "xoves musicais" no 2014.
02/12/13
"OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE"
O colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA pecha a súa programación de outono con esta representación teatral. Comezamos a nosa actividade de outono o pasado mes de outubro coas proxeccións das películas do festival Amal-2012, seguimos cos "Xoves Musicais" do mes de novembro, informamos sobre a importancia económica da actividade pesqueira en Galiza coa interesante intervención da doutora Mª do Carme García Negro, abrimos a exposición "Represaliados" do pintor Celso Dourado coas músicas de Vadim Yukhnevich e o sábado 7 de decembro programamos a obra de Alfonso D. Rodíguez Castelao que estará a cargo do grupo "Ollomao" e diirixida por Comba Campoy e Ramón Casas.
Tamén temos que dicer que seguimos a medrar e xa somos máis asociados, que estamos a preparar un local social no casco vello de Viveiro, que andamos ás voltas coa programación do 2014, ( con máis cine, máis debates )...
Terémosvos informados. Mentras tanto, ollo á data: o 7 de decembro..."Os vellos non deben de namorarse".
REPRESALIADOS
Este sábado 30 de novembro abrimos en Viveiro a exposición "REPRESALIADOS" ( Na lembranza do comandante Moreno ), do pintor Celso Dourado. O acto de inauguración terá lugar ás 19 horas na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, na Praza Maior e nel, ademais do pintor intervirá o músico bielorruso Vadim Yukhnevich.
A mostra estará aberta ao público na primeira quincena do mes de decembro, de 19 a 20:30 horas.
A mostra estará aberta ao público na primeira quincena do mes de decembro, de 19 a 20:30 horas.
Agora sabemos algo máis sobre a importancia económica da pesca...
A
profesora Mª do Carme García Negro iniciou a súa intervención no acto
informativo organizado polo noso Colectivo lembrando a súa colaboración coa
antiga agrupación cultural Sementeira, no ano 1976. Pasou despois a fornecernos
de datos que explican a importancia económica da actividade pesqueira na nosa
comarca e en Galiza. “Ás veces, os datos publicados polos economistas minimizan
o importante impacto que ten a
actividade pesqueira no noso país porque non teñen en conta ás mariscadoras,
nen aos empregados en terra, nen aos traballadores de piscifactorías…” Destacou
o medre económico rexistrado en Celeiro e en Burela “por riba—dixo—de calquer
lonxa galega” e destacou que o 65% do PIB galego está nos concellos costeiros
de Galiza. Para a investigadora os mariñeiros galegos souberon gardar o
recursos, demostraron que saben pescar e que ademais teñen capacidade
empresarial e organizativa”
A
interesantísima aportación da doutora García Negro provocou entre as persoas
asistentes un animado coloquio que serveu de peche a este acto informativo.
29/11/13
"A IMPORTANCIA DA PESCA NA ECONOMÍA GALEGA"
A economista Mª do Carme García Negro, profesora da USC e investigadora, intervirá nun acto informativo convocado polo noso Colectivo e que terá lugar este venres, 29 de novembro, ás 20:30 horas, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
28/11/13
David Bellas ponlle o ramo aos "Xoves Musicais"
David Bellas pecha este xoves 28 o ciclo XOVES MUSICAIS que se veu celebrando todos os xoves de novembro no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
A actuación dará comezo ás 20:30 horas e a entrada é libre até completar o aforo do local.
25/11/13
Así foi o Recital Lírico
"Unha marabilla". Esas foron as dúas palabras que empregou o presentador do acto cando, ao rematar este terceiro "xoves musical", despidiu ás persoas que encheron o salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro.
E desta marabilla, deixámosvos aquí unhas pequenas mostras.
E desta marabilla, deixámosvos aquí unhas pequenas mostras.
20/11/13
...e Plácido Travieso Fernández acompañará co piano...
Despois de ter recibido o Programa do RECITAL LÍRICO deste xoves 21, decatámonos do erro e é agora cando reparamos os danos ocasionados ( na nota anterior publicada aquí e nos restantes medios, esquecímonos, nada máis e nada menos!... do pianista que vai acompañar ás tres voces. Trátase do profesor do Conservarorio PLÁCIDO TRAVIESO FERNÁNDEZ. Así e con maíusculas!.
PROGRAMA
-Quella fiamma che m´accende. Benedetto
Marcello.
-L´abbandono. Vincenzo Bellini.
-Caro mio ben. Giuseppe Giordani.
-Ma rendi pur contento. Vicenzo
Bellini.
-Á Chloris. Reynaldo Hahn.
-Ah, non credea mirarti…La sonambula. Vicenzo Bellini.
-L´heure exquise. Reynaldo Hahn.
-Sogno. Paolo Tosti.
-Ich liebe dich. Eduard Grieg.
-Os teus ollos. Castro Chané.
-As froliñas dos toxos. Eduardo
Toldrá. ( Poema de Noriega Varela
)
-Canción del olvido. La canción del olvido. J.
Serrano.
VOCES:
-Montse Expósito Cao
( Profesora do
Conservatorio Profesional de Música de Viveiro )
-Mariví Maragoto e Mª Jesús González Fraga
( Alumnas do
Conservatorio Profesional de Música de Viveiro )
PIANO:
-PLÁCIDO TRAVIESO FERNÁNDEZ
( Profesor do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro )
19/11/13
RECITAL LÍRICO NOS "XOVES MUSICAIS"
ARIAS E CANCIÓNS NO RECITAL LÍRICO DOS “XOVES MUSICAIS” DE PENSAMENTO E SEMENTEIRA.
ESTE XOVES 21, A TERCEIRA ACTUACIÓN DOS “XOVES MUSICAIS” NO CONSERVATORIO.
Este xoves 21 de novembro e continuando coa programación dos “Xoves Musicais” organizados polo colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA, a profesora de canto do Conservatorio profesional de Música , Monse Expósito Cao e dúas alumnas, Mª Jesús González Fraga e Mariví Maragoto, ofrecerán un recital lírico de arias e cancións. O recital dará comezo ás 20:30 horas no salón de actos do Conservatorio de Música, onde cada xoves deste mes de novembro está programada unha actuación. Os “Xoves Musicais”, abertos pola cantautora ribadense Carme Rodríguez tiveron continuidade coa actuación do grupo de clarinetes “Sol en cuarta” que foi seguido por máis dun cento de persoas.
A entrada é libre até completar o aforo da sala.
Por outra banda, informamos que o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA ten programado un acto informativo coa profesora da USC e investigadora, especialista en temas pesqueiros, Mª do Carme García Negro que falará o venres 29 de novembro, ás 20:30 horas na sala da Biblioteca Municipal ( Praza Maior ) sobre “A importancia da pesca na economía galega”.
ESTE XOVES 21, A TERCEIRA ACTUACIÓN DOS “XOVES MUSICAIS” NO CONSERVATORIO.
Este xoves 21 de novembro e continuando coa programación dos “Xoves Musicais” organizados polo colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA, a profesora de canto do Conservatorio profesional de Música , Monse Expósito Cao e dúas alumnas, Mª Jesús González Fraga e Mariví Maragoto, ofrecerán un recital lírico de arias e cancións. O recital dará comezo ás 20:30 horas no salón de actos do Conservatorio de Música, onde cada xoves deste mes de novembro está programada unha actuación. Os “Xoves Musicais”, abertos pola cantautora ribadense Carme Rodríguez tiveron continuidade coa actuación do grupo de clarinetes “Sol en cuarta” que foi seguido por máis dun cento de persoas.
A entrada é libre até completar o aforo da sala.
Por outra banda, informamos que o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA ten programado un acto informativo coa profesora da USC e investigadora, especialista en temas pesqueiros, Mª do Carme García Negro que falará o venres 29 de novembro, ás 20:30 horas na sala da Biblioteca Municipal ( Praza Maior ) sobre “A importancia da pesca na economía galega”.
18/11/13
12/11/13
Un bocadiño de "SOL EN CUARTA"
Para írmonos ambientando aí vos deixamos este bocadiño de "SOL EN CUARTA".
"SOL EN CUARTA", nos Xoves Musicais
Despois da actuación da cantautora de Ribadeo, Carme Rodríguez, continuamos co ciclo dos Xoves Musicais co Grupo "SOL EN CUARTA" do Conservatorio Profesional de Música. Será o xoves 14 de novembro ás 20:30 horas no salón de actos do centro que colabora co noso Colectivo para encher de música os catro xoves deste mes de novembro.
Alí vos agardamos.
Alí vos agardamos.
Carme Rodríguez en concerto
Como xa vén sendo habitual, Abella Albo enviounos o vídeo que reralizou da actuación da cantautora Carme Rodríguez quen, por certo, entusiasmou ao público que encheu o salón de actos do Conservatorio Profesional de Música.
04/11/13
Carmen Rodríguez abre os XOVES MUSICAIS
Carmen Rodríguez , unha extraordinaria cantautora de 17 anos, será a encargada de abrir, o vindeiro 7 de novembro, os XOVES MUSICAIS que o noso colectivo organiza en colaboración co Conservatorio Profesional de Musica de Viveiro.
Todas as actuacións deste ciclo serán no salón do Conservatorio, na Travesia da Mariña, as 20.30 horas. A entrada é libre até completar o aforo do local.
"Cousas", a peza que lles ofrecemos neste video, é un adianto da súa actuacion en Viveiro.
Todas as actuacións deste ciclo serán no salón do Conservatorio, na Travesia da Mariña, as 20.30 horas. A entrada é libre até completar o aforo do local.
"Cousas", a peza que lles ofrecemos neste video, é un adianto da súa actuacion en Viveiro.
01/11/13
NOVAS ACTIVIDADES EN NOVEMBRO
OS XOVES
MUSICAIS COMEZAN O VINDEIRO DÍA
7 EN VIVEIRO
ACTUACIÓNS
MUSICAIS E UN ACTO SOBRE A PESCA NO PROGRAMA DE OUTONO DE PENSAMENTO
E SEMENTEIRA
Rematado o ciclo de
cine euroárabe programado o pasado mes polo Colectivo
PENSAMENTO E SEMENTEIRA, dá comezo este xoves 7 de novembro un
novo ciclo de actividades. Trátase dos “Xoves Musicais”,
catro concertos dunha hora de duración que o colectivo de
Viveiro organiza coa colaboración do Conservatorio Profesional
de Música os catro xoves deste mes
de novembro.
Carme Rodríguez,
a moza ribadense que acompañou a Ses no concerto de Viveiro,
abrirá o programa dos “Xoves Musicais”, o día 7, no
salón de actos do Conservatorio de Música. Seguirán
despois as actuacións do grupo “Sol en cuarta”, o xoves
14, un grupo de Canto do Conservatorio, o xoves 21 e rematará
o ciclo o músico David Bellas, o xoves 28. Todas as actuacións
darán comezo ás 20:30 horas.
O Colectivo tamén
ten programada, o venres 29, na sala da Biblioteca Municipal, na
antiga casa consistorial, un acto informativo coa profesora e
economista Mª do Carme García Negro que falará
sobre a importancia da pesca como un sector estratéxico na
economía galega.
Todos os actos, tanto os
“Xoves Musicais” como a intervención da prestixiosa
especialista no sector pesqueiro son de entrada libre até
completar o aforo dos locais.
Colectivo
PENSAMENTO E SEMENTEIRA
31/10/13
"Cine, cine, cine, máis cine por favor..."
" Cine, cine, cine, máis cine por favor..." como na canción de Luís Eduardo Aute. Esta é a petición que facían moitas das persoas que desfrutaron do ciclo de cine euroárabe, unha media de 43 asistentes por proxección. E na Xunta Xestora do Colectivo, tomamos nota: programaremos máis cine nos vindeiros meses.
Agradecemos publicamente a colaboración da Fundación ARAGUANEY-Ponte de Culturas que nos facilitou as cinco películas do ciclo e agardamos que esta colaboración permaneza no futuro. Obrigados tamén pola axuda prestada polo equipo directivo e persoal non docente do IES María Sarmiento onde tiveron lugar as proxeccións do ciclo de cine euroárabe.
E tamén un agradecemento especial aos asistentes. Sen elas e sen eles non sería posíbel o ciclo, porque sen espectadores non hai cine.
E para rematar aí vos deixamos o agasallo que nos fixo María Chaves na última sesión: uns flocos de millo preparados para a ocasión. Que vos preste!
28/10/13
Remata o ciclo con "Le thé ou l´electricité"
Este mércores 30 de outubro remata o ciclo de cine euroárabe coa proxección da película que obtivo o premio Amal-2012 á mellor longametraxe documental. Dura 93 minutos e está dirixida por Jerôme le Maire.
"Le thé ou l´electricité" é a historia da modernización dunha pequena vila no corazón do Alto Atlas marroquino. No proceso enfróntanse dúas visións de futuro: mentras uns pensan que o progreso pasa pola construción dunha estrada, outros apostan pola chegada da electricidade. Axiña se decatarán do complicado que resultará chegar a un acordo.
Jerôme le Maire é un guionista e cameraman belga. É tamén o director do longo de ficción "Le Grand´ Tour" (seleccionado no Festival de Rotterdam e en Cannes ) e do documental "Où est l´amour dans a palmeraie?" nomeado nos European Academy Awards premios ARTE.
"Le thé ou l´electricité" é a historia da modernización dunha pequena vila no corazón do Alto Atlas marroquino. No proceso enfróntanse dúas visións de futuro: mentras uns pensan que o progreso pasa pola construción dunha estrada, outros apostan pola chegada da electricidade. Axiña se decatarán do complicado que resultará chegar a un acordo.
Jerôme le Maire é un guionista e cameraman belga. É tamén o director do longo de ficción "Le Grand´ Tour" (seleccionado no Festival de Rotterdam e en Cannes ) e do documental "Où est l´amour dans a palmeraie?" nomeado nos European Academy Awards premios ARTE.
20/10/13
DÚAS CURTAMETRAXES NO CICLO DE CINE
O mércores 23 continuamos coa programación de cine. Proxectaranse dúas curtametraxes. A primeira, "ENSEMBLE", dirixida por Mohamed Fekrane e foi premio Amal-2012 á mellor curtametraxe de ficción.
A segunda será "EID", Palestina, da autoría do Colectivo Saahed, premio Amal-2012 á mellor curtametraxe documental.
A boa acollida deste ciclo de cine euroárabe , que o noso Colectivo está a programar en colaboración coa Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, anímanos a seguer facendo actividades. Nos vindeiros días convocaremos un acto informativo sobre a situación da pesca en Galiza e para o mes de novembro... xa vos contaremos.
A segunda será "EID", Palestina, da autoría do Colectivo Saahed, premio Amal-2012 á mellor curtametraxe documental.
A boa acollida deste ciclo de cine euroárabe , que o noso Colectivo está a programar en colaboración coa Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, anímanos a seguer facendo actividades. Nos vindeiros días convocaremos un acto informativo sobre a situación da pesca en Galiza e para o mes de novembro... xa vos contaremos.
11/10/13
"BROMAS APARTE" de Vanessa Rousselot o mércores 16 de outubro
Despois da boa acollida que tivo a primeira das sesións de cine euroárabe seguimos co programa. O mércores 16 de outubro proxectaremos "BROMAS APARTE" da directora francesa Vanessa Rousselot que percorreu Cisxordania na percura do humor palestino.
A sesión dará comezo ás 20:30 horas no salón de actos do IES María Sarmiento. O documental dura 54 minutos e proxectase en versión orixinal.
A sesión dará comezo ás 20:30 horas no salón de actos do IES María Sarmiento. O documental dura 54 minutos e proxectase en versión orixinal.
07/10/13
UN CICLO DE CINE EUROÁRABE ABRE A NOSA PROGRAMACIÓN DE OUTONO
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA abre a súa programación cultural de outono coa proxección de cinco películas de cine euroárabe.
As películas que se proxectasrán dentro deste ciclo pertencen á Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, entidade que organiza o Festival de Cine Euroárabe Amal que é o único festival de cine euroárabe de Europa.
As proxeccións , subtituladas, terán lugar os mércores 9, 16, 23 e 30 de outubro, ás 8 e media da noite, no salón de actos do IES Mª Sarmiento de Viveiro e a entrada será libre até completar o aforo.
Abrirá o ciclo “Rabat” , unha película holandesa dirixida por Jim Taihuttu e Victor Ponten que conta con tres premios Amal ( 2012 ): á mellor longametraxe de fición, mellor dirección e mellor interpretación masculina.
“Bromas aparte”, ( Francia, Palestina ),“Le thé ou l´electricité”, ( Bélxica, Marrocos ) “Eid”,
( Palestina ) e “Esemble” (Francia ), dúas longametraxes e dúas curtas serán as películas que se proxectarán en Viveiro neste mes de outubro.
Nos vindeiros días o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA dará a coñecer outras actividades da programación cultural deste outono.
20/07/13
ACTUACIÓN DO MÚSICO DAVID BELLAS
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA organizou un paseo en bici polo Souto da Retorta. Ao chegaren os participantes ao pé d´O Avo atopáronse cun fermoso agasallo: a actuación do músico David Bellas que interpretou varias pezas da súa autoría, dun repertorio de música clásica e tradicional.
13/07/13
PASEO EN BICI POLO SOUTO DA RETORTA
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA segue coas actividades programadas para reclamar unha ciclovía en Viveiro. Esta semana o colectivo instalou pontos de recollida de asinaturas nas rúas de Viveiro e agora prepara un Paseo en bici polo Souto da Retorta para o vindeiro venres día 19 de xullo. O inicio do Paseo será en Chavín, onda a antiga fábrica, e dará comezo contra as oito da tarde. Ao remate do Paseo, ao pé d´ O Avó, o colectivo agallasará a todos os participantes cun agasallo sorpresa.
A seguinte actividade, dentro desta programación da reclamación do carril-bici, terá lugar no vindeiro mes de agosto e consistirá nun Paseo nocturno en bicicleta.
11/07/13
Seguimos a recoller asinaturas para reclamar o CARRIL-BICI
Hoxe estivemos a recoller asinaturas para reclamar unha ciclovía en Viveiro. PENSAMENTO E SEMENTEIRA instalou dous postos para facilitar que a veciñanza asinase o escrito que se vai presentar nos vindeiros días diante das Administracións Públicas competentes: Concello, Xunta de Galiza, Xefatura de Costas e Grupo de Portos.
A acollida non puido ser mellor:en menos de unha hora máis de cen asinaturas no posto que instalamos na Praza da Fontenova.
Nunca tal se viu! A 100 por hora e sen sair da Fontenova!
A acollida non puido ser mellor:en menos de unha hora máis de cen asinaturas no posto que instalamos na Praza da Fontenova.
Nunca tal se viu! A 100 por hora e sen sair da Fontenova!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)